| BALNEARIO DE O CARBALLIÑO | |
|---|---|
|
Avda. del Balneario s/n 32500 O Carballiño (Ourense) |
|
| Telf: (988) 270926 - 273332 | Fax: (988) 273332 |
|
|
Altitude sobre o nivel do mar: 426 m.
Situación xeográfica (proximidades): Ourense a 28 Qm., Pontevedra a 75 Qm.,
A Coruña a 120 Qm., Vigo a 80 Qm.
Tipo de clima: Seco.
Accesos e comunicacións:

Características das augas: Sulfurado-sódicas, alcalinas, fluoradas,
litínicas, lixeiramente radiactivas e mornas.
Temperatura: 28º C.
Caudal: Abundante.

Aparello dixestivo (fígado, intestino), enfermidades: reumáticas, respiratorias,
da pel, metabólicas.

Temporada de apertura: 1 Abril- 30 Novembro.
Técnicas: Baños, baños de hidromasaxe, duchas, chorros subacuáticos, nebulizacións,
inhalacións e pulverizacións.

Temporada de apertura: 1 Abril- 30 Novembro.
Tipo de Aloxamento: Varios Hoteis nas cercanías do Balneario
(200 a 500 m.).

Dende o ano 1.816, sendo un dos Balnearios máis conourridos de España.
Arquitectura: O edificio balneario en pedra é unha magnífica construcción
dunha soa planta de máis de 50 m. de lonxitude, cunha grande instalación
hidroterápica. A iluminación cenital da sala central é un elemento que
caracteriza ó conxunto, todo de grande calidade arquitectónica.

Lugares de interese histórico-artístico: Saíndo de O Carballiño pola estrada
Ourense- Santiago, chégase a Cea e Oseira, onde se pode visitar a igrexa Monacal,
un dos exemplares máis puros do templo cisterciense de Europa, e os claustros
dos séculos XVI e XVIII. Pola estrada de Astures chegase ó Santuario de "La
Saleta", cunha fermosa vista do val do Arenteiro. En Esgueva pódense observa-los
restos dunha necrópole. Santiago, a 75 Qm.
Paseos e excursións: En O Carballiño atópanse numerosos parques naturais de singular
beleza, coma o que rodea o edificio do Balneario e o parque municipal de 32 Ha.
de bosque bordeando o río Arenteiro ata a piscifactoría que está situada nun
dos remansos do río, a veiga do río ten multitude de remansos, fervenzas e
algúns antigos muiños artesanais hoxe en desuso.
Festas populares: Festa do polbo, folclórico-gastronómica, en Agosto.
Especialidades gastronómicas: polbo, empanada e cocido galego.