RECOÑECEMENTO PARA CEMMA

PREMIO DA FUNDACIÓN LUIS TILVE

 

A FUNDACIÓN LUIS TILVE (web) recoñeceu o traballo de CEMMA coa concesión do Premio Luis Tilve 2009, na categoría de "Defensa do Medio Ambiente e dos bens comúns".

En anteriores edicións, na mesma categoría foran premiados o Proxecto de Recuperación Arquitectónica e Natural do Santuario de Escravitude (Padrón), o Colectivo Ecoloxista do Salnés CES) e Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático da USC.

Os outros galardoados nesta edición 2009 foron: a Fundación ADCOR (na categoría Traballo Digno), a Fundación Érguete-Integración (na categoría de Acción Solidaria) e a historiadora e xornalista Rosa María López González (na categoría Investigación e divulgación histórica).