ORGANIZACIÓN
Relacións Institucionais
A CEMMA mantén agora mesmo un Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia para a asistencia e estudio dos mamíferos mariños en Galicia. A través deste convenio se cubre a financiación e autorizacións que esta actividade conleva, ó traballar con especies protexidas pola lexislación.
A CEMMA está en permanente contacto con outras institucións nacionais e internacionais que desenvolven traballos nas mesmas liñas de actuación. Entre eles destacan os seguintes:
1. Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) de Vigo: investigación e recuperación.
2. Facultade de Veterinaria da Universidade Autónoma de Barcelona: investigación clínica e anatómica.
3. Facultade de Veterinaria da Universidade das Palmas de Gran Canaria: investigación patolóxica e sobre acústica mariña.
4. Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo: estudios de parasitoloxía, anatomía e teledetección.
5. Sociedade Española de Cetáceos; membros de CEMMA coordinan os Grupos de Traballo de Varamentos, Centros de Recuperación e Focas da SEC.
6. Departamento de Zooloxía da Universidade de Aberdeen (Escocia): Investigación sobre ecoloxía trófica, de dinámica de poboacións atlánticas, incidencia das capturas accidentais e impacto dos contaminantes na reproducción dos mamíferos mariños. Codirección de tese doutorais de membros de ECOBIOMAR e CEMMA.
7. Instituto para a Conservaçao da Natureza de Portugal: Estudios sobre reproducción e dinámica de varamentos de cetáceos.
8. ATLANCETUS, esta coordinación internacional do rexistro de varamentos das costas atlánticas españolas e portuguesas engloga, ademais das institucións citadas as seguintes: Universidade dos Açores, Museo da Baleira de Madeira, Universidade de Oviedo, Museo Marítimo do Cantábrico e Instituto Español de Oceanografía.
9.- Grupo Ornitolóxico Balear (GOB) co que se mantén un cenvenio de colaboración para o 2003.
|