CEMMA é unha ONG galega con dezaoito anos de experiencia no estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través dunha investigación seria, promovendo e participando en diferentes estudos e proxectos de investigación sobre os cetáceos con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos.
Dende 1999 CEMMA é, gracias a un convenio coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a única institución responsable da asistencia aos varamentos na costa galega, a xestión do banco de mostras oficial, a recuperación de animais feridos, o estudo poboacional destas especies e a redacción dos plans de xestión das especies máis ameazadas.
CEMMA é membro fundador da Sociedad Española de Cetáceos e membro da European Cetacean Society