
texto en castellanoExposicións
Realízanse exposicións temporais de pintura, fotografía,
escultura,... de artistas noveis.
Entérate xa do que se pode ver na casa. De xeito permanente, tamén se expoñen pezas de artesanía popular e farramentas típicas dos nosos antergos. En vivo
Grupos musicais e solistas actúan no local a miúdo. Ás veces xurde a iniciativa de xeito espontáneo entre os asistentes. Os sons celtas enchen a atmósfera do lugar. Historias Queremos compartir con vós algúns dos intres máis importantes da, curta pero intensa, vida da casa dos druídas. A tenda
Auténticos productos da casa dos druídas con "denominación
de orixe" xa á venda. |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Visita
o bar
Namentras disfrutas coas actividades do local tómate, por exemplo, unha cervexa irlandesa ou o que che pete. Hai onde escoller nunha ampla oferta de bebidas frías e quentes. Tamén podes deixar que te abraiemos con algún bebedizo misterioso coma o licor druídico... Onde estamos
No pequeno pobo de Acuña, que pertence ó concello de Vilaboa
(Pontevedra), localízase a casa dos druídas.
Esta é unha edificación típica galega, na que se evitou realizar cambios significativos que desvirtuasen as orixes da debandita construcción, como podes observar na foto no comezo desta páxina. Enlaces celtas Nesta sección poderás atopar ligazóns a páxinas web con informacións relativas á cultura celta. Xa está disponible unha pequena selección sobre música e cultura. Recomendacións Tendas de productos artesáns e obradoiros de instrumentos tradicionais de pobos cercanos achéganse por estas páxinas por xentileza da casa dos druídas. |
|
Se queres escribir á casa dos druídas: druidas@arrakis.es
Teléfono: (986) 708263 Copyright © 1997/98 casa dos druídas Ultima actualización dende o 12/6/97: 31/5/98. Autor: Miguel López Patricio.
|