|
|
E.T.L. "Fervenza"
|
Recoñecida oficialmente pola Xunta de Galicia co Nº G-14 |
|
|
|
|
Calendario de actividades.
Cursos 2.012:
Cursos
|
Datas
|
Lugar e
|
Prezos
|
Data límite
|
Monitores de Actividades de Tempo Libre
|
Do 20 de outubro ó 23 de decembro |
Vigo (200 h.) |
265, con Carné Xove 295,
sen Carné Xove |
10 días antes da |
Director de Campo de Traballo
|
16, 17, 18 23, 24, 25 de Marzo |
Vigo (50 h.) |
75 € con Carné Xove 90 € sen Carné Xove |
10 días antes do comezo |
Monitor de Actividades de Tempo Libre
|
Do 2 ó 21 de Do 21 de xullo ao 9 de agosto. |
CEM "O Marco do
Castelo" |
405 €, con Carné Xove 445
€ ,
sen carné xove |
14 días antes do comezo |
Director de Actividades de Tempo Libre
|
Do 14 de xaneiro ó 3 de marzo |
Vigo |
225 (con Carné Xove) 250
sen Carné Xove |
10 días antes do comezo |
Animación para a 3ª idade
|
2
e 3 de xuño |
Vigo (100 h.) semipresencial |
120 € |
|
Monitor Especialista en técnicas de aire libre
|
5,
6, 18, 19, 20 de maio |
Vigo e Oia (100 h.) semipresencial |
90 € |
|
Monitor Especialista en educación ambiental
|
12,
13, 18, 19, 20 de maio |
Vigo e Oia (100 h.) semipresencial |
90 € |
|
Monitor de Ludoteca e Centro de Ocio Infantil
|
Abril-Xuño |
On Line (100 h.) |
70 € |
|
Xestión básica de asociacións
|
Abril-Xuño |
On Line (80 h.) |
90 € |
|
(*) Lugar e hora de saída para o curso de monitores (verán): O día 2, ás 11.30 h., da rúa Venezuela (á altura do Colexio dos salesianos).
Cursos de Monitores de
Actividades de Tempo Libre:Formar persoas capaces de desenvolver actividades socio-culturais e recreativas para a xuventude no tempo libre, ben sexa no medio urbano, ben sexa no medio natural.
Xoves interesados na formación a través do tempo libre, membros de asociaciós e colectivos, educadores en xeral.
Ser maior de idade. Mínima titulación: "Gradudado escolar" e/ou E.S.O.
- Datas: (ver cadro)
- Lugar: (ver cadro)
En fins de semana
- Inclúe: material comunitario, de actividades e obradoiros, manual e documentación, formadores; transporte dende Vigo, ida e volta ó lugar da acampada e das saídas; alimentación na acampada, tendas de campaña e o material necesario; seguemento das prácticas, orientación na elaboración da memoria, e tramitación do título; seguro de R.C.
No verán
- Inclúe: alimentación; material comunitario, de actividades e obradoiros, manual e documentación, formadores; aloxamento en tendas de campaña, servizos e duchas de auga quente; transporte dende Vigo, ida e volta; seguemento das prácticas, orientación na elaboración da memoria, e tramitación do título; seguro de R.C.
Propio de campamento (botas, roupa de abrigo, útiles de aseo, saco de durmir, esterilla, etc.)
(*) Nota: Só para as actividades de aire libre e para os cursos realizados en verán (en réxime de campamento)
Cando as actividades se desenvolvan en réxime de campamento (no caso dos cursos de verán), trátase de actividades para a formación de monitores. Non debe confundirse cun campamento de verán. Queremos dicir con isto que tódolos asistentes deberán acudir sabedores de que van "a un curso", no que terán que respectar a organización e os seus horarios, ben sexa nas sesións de traballo, de descanso, das comidas, etc.
- Psico-socioloxía: Psicoloxía evolutiva, Dinámica de Grupos, Metodoloxía educativa...
- Animación e expresión: Xogos, veladas, expresión corporal, medios audiovisuais...
- Educación ambiental: Itinerarios, reciclaxe, ecoloxía cotiá...
- Campismo e excursionismo: Marchas, orientación, técnicas...
- Educación para a saúde Drogodependencia, nutrición, socorrismo...
- Lexislación: Titulacións, responsabilidade civil, seguros...
- Recursos: Subvencións, puntos de información xuvenil...
Cursos de Directores de
Actividades de Tempo Libre:Formar persoas capaces de coordinar un equipo de monitores e especialistas para organizar actividades de animación socio-culturais e recreativas.
Persoas interesadas na formación a través do tempo libre, membros de asociacións e colectivos, educadores en xeral
a) Te-lo título de Monitor de Tempo Libre
b) Posuir estudos secundarios
c) Acreditar alomenos 250 h. como monitor
- Datas: (ver cadro)
- Lugar: (ver cadro)
(Inclúe: material comunitario, de actividades e obradoiros, documentación, formadores; transporte dende Vigo, ida e volta ó lugar de acampada ou saídas; alimentación na acampada, tendas de campaña e o material necesario; seguemento das prácticas, orientación na elaboración da memoria, e tramitación do título; seguro de R.C.).
Cando as actividades se desenvolvan en réxime de campamento (no caso dos cursos de verán), trátase de actividades para a formación de monitores. Non debe confundirse cun campamento de verán. Queremos dicir con isto que tódolos asistentes deberán acudir sabedores de que van "a un curso", no que terán que respectar a organización e os seus horarios, ben sexa nas sesións de traballo, de descanso, das comidas, etc.
Os oficiais marcados pola Xunta, que inclúen as seguintes áreas:
- Psicosocioloxía
- Intervención educativa
- Xestión e lexislación
ADEMAIS:SE TES UN GRUPO DE AMIGOS OU ASOCIACIÓN, E ESTADES INTERESADOS NALGÚN CURSO EN ESPECIAL, FACÉMOLO Á VOSA MEDIDA:
Inscricións
- Chamando ó teléfono: 606.321.636
Antes de nada, debedes confirmar que quedan prazas libres xa que estas son limitadas para tódolos cursos.- Ingresar a cota correspondente no: Banco de Galicia. Ag. Urb. 11 (Av. Camelias, 89 - Vigo) a nome de "E.T.L. Fervenza"
Nº de conta: 0075-8514-11-0600087347· Enviar por correo postal ou E-Mail os seguintes datos:
- Nome do curso ó que nos inscribimos: "Curso de especialistas en Aire Libre", "Curso de Monitores de Tempo Libre", etc.
- Fotocopia da transferencia bancaria
- Fotocopia do DNI e do graduado escolar, da E.S.O., (ou superior)
- Experiencia educativa no Tempo Libre
- Cursos realizados relacionados co Tempo Libre
- Nome, Apelidos, Data de nacemento e DNI
- Enderezo, concello, CP, provincia e teléfono de contacto
- Estudios e/ou profesión
- Enderezo de e-mail.
· Observacións:
- As solicitudes e inscricións atenderanse por rigorosa orde de chegada.
- Despois de rematado o prazo de inscrición, tanto a anulación da mesma como a non participación na actividade, non dará dereito á devolución de ningún importe.
- A escola resérvase o dereito de suspender algunha actividade se non se dan cubertas as prazas mínimas. Nese caso, devolverase o importe íntegro a cada persoa inscrita.