Letras galegas 2001
ELADIO
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
Naceu
en San Clodio, Leiro, Ourense o 27 de xullo de 1864 e morreu na Coruña o 14 de
Abril do1949.Pasou a súa infancia na súa aldea natal, nas terras de O Ribeiro
de Avia, sempre presentes nos seus versos. Moi xoven trasladouse A Coruña e alí
alternou o seu traballo como funcionario municipal – entre 1888 e 1937, no que
se xubilou como oficial maior honorario- coa labor xornalística. Ademáis de
colaborar en numerosos xornáis e revistas – Revista Gallega, Galicia...
-, dirixiu os diarios La Mañana e El Noroeste. Esta segunda
publicación tivo un suplemento cultural; Nós. Páxinas gallegas,
que se iniciou cun artículo seu, “ Na xuntanza está a forza e no forza está
o trunfo” que resume o que pretendían tanto él coma o suplemento:...
“redimil-o noso doce idioma do esquencemento en que dorme acurrunchado, e
facer que o entendan todol-os que queiran entendelo”. Nesta línea
redencionista hai que entender a súa labor como escritor.
Como
poeta – ademáis de que varias das súas composicións recibiron galardóns en
diferentes certames: Os orfos da emigración (Betanzos, 1887), Desperta
(Tui, 1891), Sombras (Lugo, 1915), Paisaxes ( Santiago, 1916),
Malpocado y Alma de raza (Lugo,1918) Oraciós campesinas
(Santiago, 1924)- publicou tres obras: Folerpas (1894); Raza e Terra
(1922)- único número da colección Céltica adicado a poesía-; e Oraciós
campesinas (1927). Este último libro abrese co poema do mesmo título que
resume moi ben o que foi o seu traballo poético:
Quixera
que os meus versos
cheirasen á terra húmida,
........................................................................................
sonasen sempre a cántigas barudas;
........................................................................................
tivesen oracós de atardeceres
........................................................................................
cegasen as concencias máis escuras
e despertasen n’elas
as voluntades murchas,
e prendesen nas almas
as arelas patrióticas máis xurdias,
e rezasen á eito
a pregaria eucarística e litúrxics
do santo amor á todo canto e’noso
i-á todo canto en nós vive e perdura
para que así nos sentísemos
nas sordas futuras
máis grandes e máis donos de nós mesmos,
.............................................................................................
A súa poesía, eminentemente costumista, con algunhas notas patrióticas,
de rebeldía ou loita, moi influenciada por Lamas Carvajal, Curros, Cabanillas e
incluso- aún estando moi distante- por Pondal, non añadiu nada novo a poesía
galega. Salvan a súa obra a boa versificación- aínda que a veces caia no
prosaísmo- e o dominio que demostra do idioma, non en vano foi autor do Diccionario
enciclopédico gallego-castellano, no que traballou toda a súa vida e que
foi publicado, despois da súa morte, entre 1958 e 1961. Este traballo destaca,
maís que polo aspecto filolóxico, polo etnográfico, pois aporta gran
cantidade de refráns, cantigas e modismos populares.
Eladio Rodríguez foi, ademáis, un dos 40 membros numerarios fundadores
da Academia Gallega, da que foi secretario e presidente dende 1926 a 1934.
A Real Academia Galega adica o 17 de maio do 2001, “Día das Letras
Galegas”, a Eldio Rodríguez González pola súa obra Oraciós campesinas
que é un libro de poemas publicado por primeira vez en 1927. Este libro
comprende poemas de inspiración sentimental e descritiva, así como cantos de
reivindicación agraria. Os enlevos do campo, coas dores dos seus habitantes ofrécensenos
en versos moles e opacos. O léxico e a sintaxe son excelentes, e a versificación
boa.
Lucía
Losada Pavón
Pamela Méndez Blanco
Emma Pérez Quintela