| versión en castellano |
| Entretempo |
| José L. Dasilva N. (nov. 1998) |
«Non sempre somos o que queremos. As veces somos, tan só, aquelo que podemos ser; o que nos deixan; o que a vida ten a ben moldear con esta lama da que estamos feitos. E mentres mais pronunciada sexa a diferenza entre unha cousa e a outra, entre o "ser" e o "querer ser", mais profundas serán, á súa vez, os nosos conflitos internos e mais negras as fantasmas que nos toman por residencia.».
Aquela voz soou nos meus ouvidos como o derradeiro tento por facerse ouvir dun eco canso, mancado de tanto ir e vir rebatendo entre neuronas. Tan absorto como estaba nos meus pensamentos non sabería dicir no que momento aquel ancián -mais semellante a unha sombra que a un home- ocupou o lugar baleiro ao meu lado naquel banco do peirao nin canto tempo levaba alí. Cando cheguei aínda o sol traballaba no seu último lenzo: o retrato dun día que remata.
Ollamos-nos asemade. Ante o meu sobresalto simplemente se encolleu de ombros e devolveu a súa vista ao mar como tentando hipnotizar ás estrelas. confundiuse por un momento entre as cores daquel punto no infindo que tan fixamente ollaba e tornou de súpeto para engadir:
«Xa ves, meu boo amigo. Non sempre trunfa o que mais se esforza nin sempre o que mais sofre é quen mais chora. Eu xa non choro aínda que sufra. As bágoas nublan a vista: impeden-che ve-lo camiño; e, con ou sen dor, é preciso ver claramente para poder avanzar. De todos modos, agora, de qué me serve chorar?. Hoxe que o meu tempo se foi, só me fica o lembro daqueles sendeiros que andei e a morriña, que non o laio, daqueles polos que quixer andar.»
Falaba devagar pero sen medir ou pensar as súas palabras, como lendo algún discurso previamente meditado e escrito nos folios da alma.
Falaba lentamente, coa calma de quen ten tempo de sobra; e, non sei, tal vez realmente tiña tempo de sobra ou xa o tempo lle era tan pouca cousa que lle sobraba. Tal vez, simplemente, non lle importaba demasiado non poder chegar a dici-lo todo e, se falaba, era xustamente para distraer o paso das horas. Tal vez nin sequera importaba que alguén lle escoitase ou non. En realidade falaba consigo mesmo.
Os Seus ollos ficaban inmóbeis mentres falaba. Ollaba ao fronte como se a súa vista estivese encadeada nalgún ponto lonxano do horizonte.
- Daquel lugar -díxome e alzou o seu brazo enteiro para sinalar un punto imaxinario sobre aquela liña xa, de por si, imaxinaria- daquel lugar ¿podes ve-lo?
mais alá do azul ceo,,
mais alá do verde mar.
daquel lugar a onde o vento
retirase a descansar.
daquel lugar saín un día
cara un mundo que non podería
mais que en soños ser verdade.e, mentres isto dicía, polos seus ollos desfilaban un sinfín de imaxes perdidas na distancia. Remotas imaxes de prados verdes entre montañas; de camiños de terra entre grandes arboledas; de noites mouras e frías pero tamén, de noites de lúa chea case tan claras como calquera día; de longas xornadas de sol e interminábeis días de chuvia.
Resumía na súa interior moitas historias, como se houbese aprehendido para se mesmo todas as historias vistas, ouvídas ou adiviñadas, pero só unha era a súa propia historia. A historia do que chora é a historia de todos os que choran. Cada un cos seus propios matices pero, á fin, a mesma historia.
«¿Chorar? ¿para qué? Coido que che limpa os ollos, pero non che limpa a alma nin a alivia do peso do seu lastre. O laio polo perdido é tan só unha forma de darnos tempo mentres buscamos a mellor maneira de superar a perda; e ao remate, teremos perdido non só o perdido se non tamén o tempo consumido en lamenta-lo . A tristura, por outra parte, non é mais que unha escusa coa que facemos a un lado a realidade en tanto non atopamos a maneira de afrontala. ¡Qué semellante é a tristura á tolemia!. ¿Por qué o lamentarse?. ¿Por qué a tristura?. ¿Por qué chorar?. Ao remate, non es se non o que es e non estás se non onde estás. Ao 'querer ser' e ao 'querer estar' dedicas a túa vida enteira pero é no 'será e no 'estará que padeces, onde verdadeiramente se che vai a vida. escápaseche o tempo...» - novamente perdeuse entre as tranquilas augas daquel mar e tornou de pronto para exclamar tras un suspiro - «¡e a vida vaiseche!».
Deixou o pan no eiral.
Deixou o viño no viñedo.
Sobrepúxose ao seu medo
e enfrontouse ao temporal..Camiño de algures marchou por buscar futuro.
«Va ilusión, o futuro
Viaxeiro que nunca chega
Promesa que non se cumpre.
Va ilusión o futuro
Promesa dun pasado que fuxíu
Esperanza dun presente que non agarda...
A esperanza disolvese...
E o futuro nunca chega.»sen mais equipaxe que os seus soños, marchou por buscar futuro.
Pero foi buscar futuro
- velaiquí o erro cometido -
por carreiros de pasado
coa lembranza ao seu lado
mais que do tempo gañado
daquel minuto perdido
encadeado á sombra
dalgún tempo non vivido
e a sombra só é sombra
unha imaxe aparente
un engano da luz.«Fun un home só, ou crin se-lo , entre unha multitude de homes sós e cando crin te-lo todo, deixei o todo que tiña por buscar aquilo que deixara atrás... no tempo... na distancia... porque un só corpo é pouco contedor para semellante carga; porque nada é nunca todo ¡sempre hai algo que che falta!.
«Amei a compaña e busquei a soidade como aventura... ou ¿foi ao revés... que amei a soidade e busquei os praceres da compaña? ¡Xa nin sei!. Lembro, sen embargo, que non sempre estiven só. Lembro, mesmo, que até tiven algún amigo... pero a memoria do home é fráxil, nútrese da presenza e na ausencia descárgase: énchea de mofo o esquecemento... non sempre quen che fai compaña é quen camiña contigo.
«Non souben facer do esforzo un aparello produtivo.
(Tal vez me deixei levar pola apatía.
Tal vez lle abrín a porta á desidia
e a desidia fixo en min súa residencia.
Tal vez puden facer mais, non sei
tal vez non souben cómo
..................e o abandono
fíxose cargo da miña vontade.)
Tal vez me desfixen en soños
- tal vez soñei de masi -
e o soñar foi meu castigo.
Tal vez como Segismundo
fun entre tempos engadindo
as meles do soñado
ás augas do vivido.Tras unha pausa, repetiu como pensando en voz alta:
-Un Segismundo entre tempos
que mesturou no mesmo pozo as meles do soñado cas augas do vivido.-Para engadir, de seguido
Quixotesco en ocasions,
aferrado á miña tolemia,
acabei sendo un escravo de meu mesmo.
Folla seca ante un tornado de ilusións
Fun a miña mais fiel compaña
e o meu peor inimigo.»
¡Quixotesco!
Pobre home aquel nomeado Don Quixote.
Foi escravo de soñar sin freno
e o seu soño levouno á tolémia
que, entrambos, é o salto ben pequeno.Faloume dos seus grandes soños; da súa búsquea incesante: un porqué para a vida «(...)porque debe habe-lo , doutro modo, ¿qué nos fai distintos, na esencia, da árbore a cuxa sombra durmimos unha tarde de verán? ¿Qué nos fai distintos se ó remate, como a acha aquela que ardeu na fogueira, non somos mais que cinza ó vento? ¿Onde fica a conciencia? ¿A onde vai o pensamento? ¿O que nos dá a condición de humanos? ¿Non é absurdo o pensamento se ó remate non somos mais que o prato forte para un festín de vermes? ¿Vivir para morrer? ¿Morrer para ter vida? ¿Nacer? ¿para qué?
«Na contraportada do caderno de notas no que escribía un poeta descoñecido que coñecín, lembro ter lido algo mais ou menos así:
"...agora seméllame que a morte é a única razón da vida. Todos nacemos para morrer e este curto espazo de tempo que transcorre entre o nacemento e a morte é a única oportunidade que temos de preparar o noso chegado a onde queira que debamos ir. Do mesmo modo en que nós subimos a un avión para desprazarnos a un lugar lonxano, a enerxía aborda o corpo humano -material- para viaxar. ¿O destino? ¡Quen o sabe! Pode que un estado diferente de enerxía dentro do mesmo universo."
«Ben. Non sei até que punto iso sexa certo nin tampouco estou seguro de poder afirmalo ou nega-lo con total convicción; ¿haberá quen poda? O certo é que o significado da vida vai mais alá do vivir biolóxico que lle atribúe a ciencia. Dime, ¿desaparece seica a enerxía eléctrica cando apaga-la luz? ¿Se destrúes os xeradores de enerxía eléctrica, a auga que utilizamos para produci-la , desaparece do río?. A ciencia explica os feitos mais complexos pero pasa por alto as observacións mais simples, obvia o trivial e, o trivial, non por coñecido deixa de estar alí, como nós, no mundo real.»
Falaba sen descanso. Lentamente, pero sen descanso. Divagaba de tal maneira que fose imposíbel manter unha conversación coherente. Pasaba dun tema a outro como tentando saír dun labirinto; aproveitando cada cruce que atopaba no seu pensamento para desvia-lo camiño sen te-lo completado
- «para non perder a idea...»
e despois xa non voltaba.
Eu escoitaba a poucos e a poucos perdíame no meu propio labirinto mental. A Miña propia madeixa de sentimentos, digamos, non menos extensa que a del pero iso si, mais confusa e desordenada. El dábase conta de algún modo e entón mudaba o ton da súa voz; facíase mais estridente, como se de repente cuspise unha palabra que se negaba a saír e cando notaba ter recuperado a miña atención, tornaba ó seu ton suave, case inaudíbel. ¡Xusto o que eu necesitaba!. Dos tres bancos que había, dous estaban baleiros e ¡tivo que escoller aquel precisamente para sentarse!.
Achegueime a aquel recuncho do peirao, esa tarde, buscando a soidade; escapando do bulicio de carros e persoas que pasean a diario as rúas da vila -como se ó escapar do mundo que che rodea puideses escapar de ti mesmo-. O vento frío do norte afasta á xente das beiras do mar. Nin as parellas de namorados que buscan a escasa luz e perspectiva escadas abaixo, para ter un pouco de intimidade, a falta de un mellor lugar, achéganse ata alí en tempos como este. Fun buscando soidade mais alá da soidade -tal vez coa idea de mergullarme na soidade- e atopeime a compaña de un sinfín de soidades alleas... ou non tan alleas... ¡qué semellantes ás miñas eran aquelas divagacións! ¡qué familiar se me facía aquel cúmulo de pensamentos! ¡Con que facilidade penetraba aquel estraño no meu interior e extraía, das miñas propias angustias, un tema para seguir falando e afastarme de -xa non sei cales eran, realmente- as miñas intencións!.
O Seu discurso, deime conta, non me era descoñecido. Non era o seu propio discurso. ¡Era o meu!.El non facía outra cousa que le-lo , ordena-lo e devolvermo rescrito de unha forma algo mais coherente, mais comprensíbel, poderíase dicir. A soidade non quere soidade..
«Xa ves, meu boo amigo. Non sempre trunfa o que mais se esforza nin sempre chora o que sofre mais.»
¡Silencio!.
Todo ficou calado.
Silencio de soidade e abandono.
Silencio de flores murchas que berran "ás veces lémbrote"..
Silencio de terra, silencio de pedra, silencio de mármore.
Silencio de frío mais alá do inverno..¡Silencio!.
Nin unha palabra mais.
Ollei o redor: ¡soidade total!.¿Foi un soño seica?. A sensación de realidade era demasiado forte como para ter soñado.
ó cabo de un intre que dediquei a comprender -ou tenta-lo mais ben- só puden exclamar "¡que esteas na Gloria e descanses en paz!". Despois, en silencio, co meu tempo a costas, co xa vivido e camiñando ó fronte cara o que virá, afasteime da costa, terra adentro; marchei do lugar.
Hai entre tempos un tempo
que a miúdo desprezamos.
Por enfoca-los extremos
os medios desperdiciamos.
Hai entre soños un soño
que case sempre esquecemos...
(porque en lugar de vivi-lo
só tentamos de lembra-lo)Eu non son o mellor dos homes e, de certo, non podo asegurar se son ou non o mais malo. Digamos que son un mais entre tantos. A miúdo caio en contradicións tan estranas como profundas -iso non é pecado-. De todos modos, quen crea poder afirmar que nunca se contradí -cousa que tampouco non é pecado-, posibelmente sexa porque descoñece ou non é totalmente consciente da realidade do seu ser interno -e iso é menos pecado aínda-. A contradición é, ás veces, a mellor demostración de que pensamos. Cuestiónome continuamente. Vivo en un permanente conflito comigo mesmo. Tal vez por iso non sei o que é vivir en paz co meu propio pensamento. Tento atopar o meu lugar embaixo do sol e levar a cabo a función -é a miña búsquea incesante- que me corresponde como parte dese sistema universal ó que pertenzo, sen interferir con ninguén e procurando, mais ben, na medida do posíbel, axudar a quen o necesite a atopar o seu propio lugar e executar a súa propia función; porque todos somos membros de un mesmo corpo. Brazos, pernas, ollos, ouvidos ... Tamén o brazo esquerdo axuda ó dereito, unindo forzas, para alzar un peso cando un só brazo non pode face-lo ...
... ó remate, ¿qué outra cousa pode facer
quen non sabe se non ser
e, aínda en iso,
non é mais que un pobre aficionado?
| Pensamentos (Entre tempos) | (Entre tempos) Anacos dun diario |
| Escenas |
| JOsé L. DAsilva N. (E-mail: jldasilva@arrakis.es) | abril 1998
...![]() | INDICE |