-
Dos cadernos dun
soñador.
- «(...) ¿Chorar?
¿para qué? Coido que che limpa os ollos, pero non che limpa a alma nin a alivia do peso do seu lastre. O laio
polo perdido é tan só unha forma de darnos tempo mentres buscamos
a mellor maneira de superar a perda; e ao final, teremos perdido non só o
perdido senon tamén o tempo consumido en lamenta-lo. (...)» (De "Entretempo")
O que hai en ti
vino en soños
antes aínda de saberte.
Antes, aínda de terte
(entre os meus brazos), tiña
a sensazón dos teus beizos:
os teus beixos que amencían
como pingas de orvallo
sobre o xardín dos meus días...
......e con eles acordaba
......e con eles tamén dormía.
Antes aínda de saberte
......................de soñarte
......................de quererte...
¡Moito antes!, tiñate
......................pensabate
......................sabíate...
Ás veces, cando sentimos
que sofrimos por amor,
non é por amor que sofrimos
será, talvez, que perdemos
algo que cremos noso
e, en verdade, nunca foi...
seica botamos en falta
aquelo que non temos
y quixeramos ter...
Ás veces,
non é por amar que sofrimos
... sofrimos é por querer.
Os meus versos son coma o vento
erguese nun momento
abanea un pouco o camiño
..............e como veu
...........................vaise.
¿a onde se vai a vida
cando abandoa a carne?
¿a onde vai o pensamento?
¿a onde tanta enerxía?
¿onde se agacha a lapa
do lume que xa non arde?
¿a onde van as cores
cando está morrendo a tarde?
|
 |
 |
Paz das armas guerra que agarda o disparo primeiro. |
- Como as follas dunha
árbore, coma palla enxoita ao vento
-1982-
- Trazos para un autoretrato (neto dun labrego)
(1983)
- La vida continúa, el tiempo
no se detiene (1983-91)
- Un canto en once sonetos y
otros poemas de amor (1983)
- Versos que algún día se
colaron entre las palabras...
(1994-96)
-
Lo más antiguo.
Pseudopoesía, Una vida para amar, Un amor para
vivir; en fin, de entre los cuadernos escolares (197? -
1981)
- Nuevos tiempos y viejos sueños para un mismo camino
Ata cando, pregúntome, cidadans
diste mundo, pregúntome, ata cando
os nosos destiños seguirán nas mans
dun rei bufón e os seus lacaios, ¡ata cando!
Espertemos do letargo
non deixemos que nos venza
o sono na indiferenza
que se esta noite nos vence
toparános a mañá
axoellados en terra allea
diante dunha tela raiada
co seu bordado de estrelas.
| septiembre, 1996 ...
- abril, 1998 ...
- enero, 1999 ...
- mayo, 1999 ...
- A mitad de camino - quizás algo más allá -
(...) cando aprendín a escribi-las primeiras palabras, atopei que o papel, mais que un medio de comunicazón, era a miña propia voz; unha voz distinta, poderosa, que podía facerse ouvir aínda na distancia para facer chegar os meus sentimentos aos que ficaban lonxe. E comecei a escribir. (...) Entón descubrín que o papel era algo mais (...) Era un amigo, tan silencioso como segredo; eu faláballe coa miña voz de tinto e letra e el ouvía e calaba. Así que, seguín a escribir. (...) E escribir tornouse algo tan natural como falar (...). nos tempos que corren noto que, cada vez con mais frecuéncia, a pluma trócaseme por teclado e o papel por pantalla, pero a eséncia é a mesma. E sigo a escribir.
Non hai persoa sobre este mundo que non sexa necesária para alguén e importante para todo-los outros. (Reflex y Onando)
|
-
(...) E o meu pensamento, que por tanto tempo vagou difuminado
polos camiños da soidade, descubreu que non andaba so;
que había outros pensamentos afins camiñando por rueiros semellantes -quizais, ainda, polo mismo rueiro, sen percatarse, sen terse visto nin tocado
nunca- e ao atoparse dironse a man e xuntaronse para formar un só
pensamento... cada un cos sus propios matices pero, na esencia, o mesmo pensamento.
Busqueime sen parar todo-los días
dos anos en conciencia que vivín
|
... no minuto de silenzo
nos segundos de paz
nas horas de devezo ou de barullo.
|
Busqueime sen parar e por buscarme,
non puiden disfrutar de estar comigo.
|
Escenas...
En tiempo de navidad (1997...)
Boceto para una celebración dominical (1997)
Conversando...
Cuando la tarde se acaba, el día se abre a las sombras para entregarse a la noche ... | |
Notas personales
Desde
...E
se algún día se che ocurre a idea de que estás so,
simplesmente abre os ollos e olla en derredor.
-"Réflex
y Onando"-
|
Pregúntome -somente por inquedanza persoal- cántas persoas das que hoxe encabezan calquera loita polos dereitos alleos, terán tales "dereitos" por motivo e cánta-los terán por escusa.
José Luis Dasilva Navia Informática y Sistemas (58) 414 3334511 |
|