Unha neniña descalza e tres peregrinos van busca-la luz do mundo
IDende a vila, costa
arriba.
Costa abaixo dende Renza.
Entre antigas corredoiras
entre casiñas de pedra
pudo nacer aquel neno
igual que en Belén nacera.
Porque Belén está eiquí:
onde tí pensalo queiras
en Santa Mariña, o Piñeiro
en Fontecarmoa ou Xunqueira.
Dende a vila, costa arriba
costa abaixo dende Renza,
á veira de algún camiño
que atravesa o Piñeiriño
e leva os aires da ría
ata os cumes de Lobeira.
En Santa Mariña, o Piñeiro
en Fontecarmoa ou Xunqueira,
un Belén en todas partes:
onde se pense ou se queira.
II (Unha neniña descalza)Baixando vén dende a
fonte. Baixando vén polo camiño Unha neniña
descalza baixando vén polo camiño Nunha tarteiriña
vella auguiña leva para o meniño (baixando ven polo camiño). Unha
estreliña de ouro vai-lle alumando pola vereda. Porque esta e
unha noite escura vai-lle alumando pola vereda ata o portal onde a
Virxe sorrindo ó mundo seu froito entrega. (vai-lle alumando pola
vereda).
III (Tres peregrinos)Dende o alto daquel monte baixando
veñen tres peregrinos. Seguindo un soño na noite baixando
veñen tres peregrinos.Van busca-lo Rei de reises que nesta
terra xa ten nacido. (veñen baixando tres peregrinos).Unha
estreliña de ouro vai-lle alumando polo camiño. Porque non
perdan seu rumbo vai-lle alumando polo camiño ata o portal
onde durme a caron do lume aquel meniño.
(Baixando veñen tres peregrinos).
IV (A luz do mundo)
Nun berce de follas secas está deitado aquel meniño. ¡Tan
pequeniño seu corpo e con tan grande destiño!: trae-la
paz a este mundo cheo de odios, cheo de guerras (cheo de dores e de
miserias). A luz do mundo descansa na claridade dos seus olliños. Das
suas mans xurde a espranza dun tempo novo, dun novo ensino Veñan
de toda-las partes homes, mulleres, pobres e ricos porque o que nace
esta noite e vida, verdade, luz e camiño. (Porque o que no
berce durme e vida, verdade, luz e camiño). |