Abrente Galego de Madrid


A bandeira

Despois de innumerables peripecias, este ano celebrouse en Pontevedra, no comedor do Pazo de Cultura a
décimo cuarta comida de Abrente Galego que, como todos estes anos, ven de organizar José Luís Calle.

Velaquí tedes unha pequena mostra lírico-gráfica do que deu de sí o evento.

A Lírica:

O Gaiteiro e o mosquito
( Fábula en Re )

A un roncón desafinado
chegou un mosquito a voar,
pousou na beira da copa
para oír aquel roncar.

Logo de esperar un pouco
á esculca dunha mellora,
e vendo que aquel negocio
levaba grande demora,
decidiu que xa era hora
de arranxar aquel rouquén.

Saíu voando, por ben,
pró gaiteiro coma un vento,
zumbándolle na orella
a tónica do instrumento.

Tan boa foi a xogada
que, en un santiamén,
a gaita estaba afinada
e mesmo o home tamén.

Afroxou o fol e oufano,
á concorrencia falou,
con suficiencia arrogante
este discurso espetou:

"Amigos da veciñanza
tedes que me perdoar
un mosquito que zumbaba
non me deixaba afinar".

O mosquito que escoitaba
na fendecha dunha viga,
cun sorriso fachendoso,
botáballe esta cantiga:

"Gaiteiro que toca a gaita
se por gaiteiro se ten,
vén afinado da casa
ou non o atura ninguén".

(-:|:-)

A Gráfica:

Por cortesía de Eduardo Gómez Torreiro que estreaba unha cámara ¡'vigital', chaaacho!,
que ten unha luceciña verde que se encende e se apaga que é unha chulada... ;-)

Romperon o xeo J.L. Calle, Fermín, Manolo e José María.

Sonsoles (guapísima, como sempre), Fermín (o pai) e Manolo e José María de Noitarega.

Edelmiro Fdez., Óscar Ibáñez e os incombustibles percusionistas....

Marcos Campos, Roberto Cendón e os impulsivos Alonso (Sr. e Jr.)

Carpi geting ready.....

Carpi performing with Luis & Raúl.

Os Anxos de Charly = ¡que tres pes pra un banco!. Trátase de Iván Costa,
Xosé Lois Romero e Pablo Carpintero que, xunto a Iván Area que non puido
vir, son os responsables de 'O Recuncho da Palleta" que se emite os sábados na Radio
Galega dentro do programa de Emilio Españadero "Fuego en el Paj...", digo "Lume na Palleira"" :-)

Raúl Galego coa súa gaita de flecos de porompompero acompañado de Carpi e os dous de sempre... ;-)

Antón Corral belisca a Oliveira (O Moreno) ante a mirada displicente de Rober.

Once pares de ferreñas e un pitillo consumindo a Pablo que, polo que parece, debeu de
caer o venres en algún matraz no laboratorio.

Os 'boys' (con i grego) da festa: Edelmiro, Xosé Lois e Iván.

O mestre D. Enrique Otero Covelo.

¡Ostrás! ¡Outra vez D. Enrique!

¿Que pasa güey? Xosé M. Gil e Marcos Campos. Está claro que Gil ten que sair
un pouco máis do taller e Marcos... non. :-)

O 50%, numericamente falando }:-), de Picuiña. Gil e Félix, que estaba tan feliz pola foto que incluso aplaudiu.

Leonor Calle Barahona, hija del Insigne Sr. D. José Luís Calle García y de su encantadora esposa
Dª. Sarah Barahona Wilford, en brazos de la Sra. Duquesa consorte de Presedo. (Cortesía de la revista ¡MOLA!)

Eh! Alto! Deteñan a este home.... Eduardo Méndez Baamonde, alias Dubi, profesor de
gaita da Escola Municipal de A Coruña.

Buennnnnn....nooooooo!!!!! ¡Ollo ás carteiras que vén Fendetestas!

¿Quén dixo que queria uns fleques? Jur, jur,jur....... musho pompón en el farrapo, quiyo!

Costa estreaba gaita nova de Gil de Ponteareas e Nieves un tambor novo de Colón.(...)
Ao fondo, agachado detrás da pandeireta de Carpi, pódese medio ver a Luis
o Caruncho que veu aos cafés e a bailar coma un tolo.

Pablo Seoane, tamén con gaita nova da sua propia feitura. Acompañaban Romero e Corral.

¡¡¡E volvemos a pasalo de car*llo!!!


Se tes algo que dicir: José J. Presedo.