Doce Polainas Enteiras

Obras para gaita

O libro


Doce Polainas Enteiras e, básicamente un libro de música para gaita. Coordinado por Astrid Filgueira e José J. Presedo, contén máis de un cento partituras da autoría e/ou interpretación dos doce "polainas" e mailos seis colaboradores que son o obxecto do traballo. Ademaís inclúe un Compact Disc gravado especialmente para ésta edición polos mesmos participantes con vinte temas. Está editado por Edicións do Cumio, e o seu ISBN e 84-8289-073-5.

O Traballo está estructurado en dúas partes ben diferenciadas. Unha primeira na que se mostran un por un os doce participantes e unha segunda conformada polas partituras.

Era idea primixenia dos autores dar a coñecer, non só a música de nova composición, senón tamén aos seus autores e os seus pensamentos no eido da gaita. E por isto que cada un dos gaiteiros conta no libro cun espacio no que se mostran os seus datos curriculares, unha fotografia e unhos paragrafos de redacción libre. Asi, o lector, pode asociar a música coa figura do seu autor ou interprete que a cedeu para o disfrute de todos.

Cada un dos participantes foi fotografiado polo xenial fotógrafo vigés Ricardo Bará. Ricardo soubo retratar a personalidade de cada gaiteiro e o seu traballo e a coidada edición de Edicións do Cumio son a guinda que redondea este traballo, realmente novedoso e de indudable utilidade para calqueira gaiteiro ou aficionado a nosa música.

O disco foi grabado nos estudios de Nani García. Nani tivo que aturar a cada un dos doce intérpretes e mailo seu equipo. Todo un exercício de pacencia no que este estupendo pianista e técnico de son e un verdadeiro mestre.

Para dar unha completa información do volumen, incluimos nesta páxina o prólogo co que nos honrou José Luis Calle, a declaración de intencións dos autores, o índice clásificado por autores/pezas e a información dos intérpretes do CD.



Prólogo de D. José Luis Calle García :

¿Recoller vidas e pezas de gaiteiros? Non podo sertirme alleo a esta angueira. Xa dixen que o gaiteiro é o espello da paixón galega máis escollida de cada tempo. Ven sendo xusto engadir que as actitudes máis caciqueiras e o antigaleguismo máis Un sorriso.abafante poden tamén medrare na húmida negrura dos nosos foles. Cousa miserenta é arrecadar para un, percurar a gloria persoal, chuchar da terra savia enxebre e non lle dar nada de volta. Non creo logo na rivalidade. Os seus froitos, ás veces lustrosos, están sempre emponzoñados. Tocar entre amigos presta máis. Coido que ensaiar, compoñer, mellorar... non é máis que abrir portelos ó que xa está dentro do gaiteiro, facer que xermole a boa semente que Deus puxo en cada un.

A iniciativa de Astrid Filgueira e Xosé Presedo abre unha fenda de luz no vello minifundismo gaiteiro. Un novo camiño. Os que colaboraron, poñendo sen reparos as súas melodías ó dispor de todos, fixeron abofé o que corresponde a homes de ben. Graciñas ós que deron as espigas e graciñas ós que, como diría o mestre Portela, fixeron con elas o ramiño. Traballaron con agarimo e con amor a Galicia. Un biquiño para Astrid e unha aperta baril para Xosé.


José Luis Calle

Castellón, xullo de 1998.


Declaración dos autores:


Hai moita xente empeñada en teorizar e dicir que o folclore morreu, que nos estamos limitando a reproducir esquemas caducos ou mortos.

Nós pretendemos unicamente recoller unha realidade, neste caso concreto musical: a música de gaita... galega, cando menos no que implica á inspiración e ó sentimento. Gaita galega na Galicia de hoxe. Non aspiramos a innovar ou crear novas teorías. A única intención desta obra é presentar unha serie de xente, galega -como xa dixemos-, cando menos de sentimento e facer, Par de dous ...e transmitir a música por eles creada ou interpretada. Esta sinxela aspiración, xurdida dunha idea tan simple como pensar: "¡Que bonito sería...!, deu paso a un arduo traballo de toma de contacto cos autores/intérpretes, xuntanzas, tocatas, recompilación de material, estructuración, análise, criba por motivos alleos á vontade dos múltiples colaboradores... e un innumerable etcétera co que disfrutamos e sufrimos a partes iguais, confiando en que para vós sexa só motivo de disfrute.

Preténdese con este libro dar a conocer o traballo de todos os que participamos nel. Neste senso e no eido do amor á gaita e da boa xente, fáisenos imposible, por mor de limitacións de tempo e espacio, facer que estean todos os que son; pero temos a seguridade que si son todos os que están. Cada unha destas persoas ten a súa historia persoal, na que se recolle unha breve semblanza da súa vida musical e das súas opinións sobre o mundo da gaita e os seus arredores. Pretendemos con isto que se coñezan a súa personalidade e as súas circunstancias, especialmente as relacionadas con este mundo de paus de buxo, palletas e roncóns que tantas e tan boas tardes nos dá.

No tocante ós autores recollidos nesta obra pódense descubrir tantos estilos coma compositores se ben, en resumo, poden dividirse en dous grandes apartados: os que delimitan a súa creatividade cunha liña claramente clásica e os que tratan de abrir -sen deixar totalmente de lado a enxebridade- novos camiños. Ámbolos dous aportan, de feito, novas obras á nosa música, enriquecendo, por tanto, todo o panorama cultural galego. Todos eles son grandes músicos, xente cabal e coas ideas ben claras. Gaiteiros de polaina enteira, que diría aquel xastre ourensán da rúa Villar cando preguntaba ós seus clientes, cunha certa retranca, se querían un traxe de media polaina ou de polaina enteira, porque haber...había xente para todo. Son gaiteiros que non se quedan a medio camiño, que non falan con medias palabras e que están plenamente comprometidos coas súas ideas.

Xa que logo, este traballo reúne unha ducia de gaiteiros cunha diferenciación xeracional clara en tres niveis:

Unha primeira xeración de gaiteiros enxebres clásicos. Homes que coñeceron, porque conviviron con eles, grupos tan emblemáticos coma Os gaiteiros de Soutelo, Os Campaneiros, Os Mariñáns, etc. Son, en resume, homes que levan moitos anos coa gaita ó lombo virando e revirando muiñeiras e alboradas, vivindo tempos do "gaiteiro-home importante" e mais do "gaiteiro lambón", levando con ledicia as músicas ás festas cando estas eran festas de verdade no senso de saír, pola abundancia e o extraordinario da ocasión, das tristuras da dura vida cotiá de antano...

A segunda xeración está composta por xente que recolleu, no seu momento, o testigo dos últimos mestres realmente clásicos e non contaminados polos medios de comunicación do noso tempo. Xente, nunha idade que ronda os 40 anos, preocupada pola transmisión fiel do que aprenderon de xeniais mestres coma Portela, Paradela, Moxenas, etc... Xente que está a cabalo do cambio cultural e tecnolóxico en tódolas ordes da nosa vida, que viviu parte dos tempos da Galicia olvidada e que observa sereamente a actual explosión, máis ou menos desordenada, da nosa cultura musical.

Por último aparece unha xeración de gaiteiros novos, non máis vellos de 28 anos, que, malia a súa curta idade, levan xa demostrado que a nosa gaita e a nosa música -no seu máis puro estilo- van ter a continuidade que merecen e que non van morrer asasinadas pola incursión de culturas alleas que estamos a padecer e que parecen afogar o espacio vital da nosa propia. Estes gaiteiros nacen nunha época en que a tecnoloxía permite acceder a instrumentos moi avanzados. Eles, pola súa parte, son quen de sacarlles todo o que levan dentro, dando así á nosa música unha brillantez e exquisitez só lograda antes por uns poucos privilexiados. Son o presente e o futuro da gaita. Gaiteiros que, quen sabe se, no día de mañá, darán as alboradas por vídeo-conferencia para deleite dos usuarios das redes da 'aldea global'.

Unha parte dese presente e futuro da gaita para "deleite dos usuarios da aldea global" está na primeira páxina web que dá a coñecer o noso instrumento e música a tódolos usarios de internet . O seu autor, Manolo Carro, gaiteiro coruñés, une neste traballo a súa profesión de informático coa súa afición máis destacada: a gaita. A estructuración e contido que ten esta páxina (http://clip.dia.fi.upm.es/~boris/gaita) faina de consulta imprescindible para toda a xente que teña interese neste tema: descrición dos tipos de gaita, madeiras, afinación, escala e dixitación, artesáns, grupos, bandas, escolas, métodos, libros, revistas, discografía, recursos institucionais... Manolo Carro actualiza constantemente esta páxina por medio dun exhaustivo traballo de investigación que non queremos deixar de agradecer desde estas liñas, xa que se trata -presumimos- do alicerce que ten a nosa música para a súa difusión futura. E dicimos futura sabendo que xa é presente, dada a cantidade de correo que recibe Manolo de tódalas partes do mundo: Nueva Zelanda, Japón, Alicante, Estados Unidos, Irlanda, Escocia... A cantidade inxente de mensaxes electrónicas que Carro recibe decote mostra o crecente interese da nosa musica na xente que non é galega. Tamén na xente que si o é e vive lonxe de Galicia. Moitos galegos e descendentes de galegos na emigración teñen a Manolo como ponte coa Terra.


A parte fundamental e idea primixenia deste libro é a publicación da música. Neste senso temos que subliñar que non tódolos gaiteiros que aparecen son compositores e, anque o fin primeiro deste libro foi a saída á luz das composicións de autores noveis (e non tan noveis), chegamos á conclusión de que hai moita xente que, non tendo ningunha obra propia, é tanto o que aportan á gaita que é obrigado contar con eles para entender todo este entorno. Estes gaiteiros-non compositores aportan as partituras, transcritas por eles mesmos, das pezas, tanto de autor como tradicionais, que elixen para o seu repertorio. Temos así unha mostra fiel da personalidade e gustos de cada un deles e, de paso, dada a súa exquisitez e meticulosidade, a oportunidade de contar con pezas de verdadeiro sabor tradicional que, malia estar tocadas e retocadas, oídas e re-que-te-oídas, nunca perden o encanto que de seu teñen.

O número de partituras, limitado xa do principio a 10 por autor ou participante, esta fixado polo propio autor. Quere isto dicir que se só aparece unha partitura de un autor e de outro dez, non é que o primeiro estea agraviado comparativamente, senón que só quixo facilitar unha única obra. Do mesmo xeito significamos que as obras que aquí aparecen poden non ser todas as que o autor compuxo, xa que só son publicadas aquelas que os autores nos cederon.

Como xa vimos comentando, este libro naceu somentes coa idea de dar a coñecer obras novas, das que tódolos gaiteiros andamos unha vez ou outra a procurar. Por este motivo queremos ser especialmente rigorosos en canto ó tratamento da música, sendo revisada cada partitura polo mesmo autor/intérprete antes da súa publicación. Pretendemos conseguir así que quenquera que utilice as partituras aquí reproducidas teña a seguridade de estar interpretando exactamente o que o autor escribiu. Tamén se inclúe a forma de contactar cos gaiteiros que facilitan as obras, de xeito que, en caso de dúbida, cumprindo unha consulta á 'fonte' da partitura, sexa posible o acceso á dita 'fonte'.

Somos conscientes de que esta non é unha obra perfecta. Sabemos que se pode mellorar e completar e esperamos que este volume sexa somentes un nacemento, que a criatura medre con futuras aportacións para chegar a ter un gran arquivo de música galega ó alcance de calquera que teña a necesidade ou a inquedanza de achegarse á nosa música.

Esta pretensión de accesibilidade ás pezas é o que nos levou, no referente á escrita das mesmas, a cinguirnos, exclusivamente, ós 'estándares' musicais máis sinxelos. Trátase de facer chegar a música do xeito máis doado á maior cantidade de xente posible, non só gaiteiros ou músicos profesionais, e, por suposto, non só galegos. É por isto que nos decidimos polo sistema de Do, ó ser esta unha linguaxe escrita entendida en todo o mundo e por todo tipo de músicos. Consideramos que é moito máis sinxela de asimilar cá escrita en Re para os non coñecedores do solfexo e que non presenta ningún problema de interpretación para os que saben de música. Á fin, ámbalas dúas maneiras chegan ó mesmo resultado. Como anécdota sobre este particular sirva o comentario dun músico profesional cando, ante as explicacións dun gaiteiro galego sobre as diferentes tonalidades do instrumento e distintas formas de escritura, dixo: 'estraña maneira tedes os gaiteiros en complicar as cousas, cando a tendencia noutros instrumentos é simplificalas o máis posible'.


Non queremos rematar estas verbas sen mostrar o noso máis profundo agradecemento á xente que -directa ou indirectamente- colaborou connosco para que esta obra estea, finalmente, onde ten que estar: nas vosas mans. Gracias a todos eles, pola súa valiosísima axuda e polo seu ánimo e bo facer, e porque, tendo tanta fe coma nós neste proxecto, confían en que non sexa a fin dunha etapa, senón un comenzo.


Jose J. Presedo e Astrid Filgueira.

Pontevedra, outubro de 1998



Relación de Autores e pezas que aportaron:


Cáseque dous metros de gaiteiro. Doctor D. Iván Carlos Area Carracedo

( Pater tituli librae )

Cáseque dous metros de gaiteiro.

Como canta a miña gaitiña (Manuel Fernández Amor)
Muiñeira do Graciano (Graciano Argiz)
Muiñeira deSan Fins (Tradicional)
Muiñeira de Seara (Tradicional)
Muiñeira e jota do vello (Francisco Villarino Ojea)
Muiñeiras de Laroa (Juan Ferreiro Ferreiro)
Muiñeria de Carelle (Manuel Lago)
Pasodoble (Francisco Villarino Ojea)
Villoria (Ricardo Courtier)

.

O outro terrible.Iván Costa Blanco

O outro 'terrible'

A pequena meiga (Iván Costa Blanco)
Andarivel (Iván Costa Blanco)
Brétemas vagas (Iván Costa Blanco)
Jota do besbello (Iván Costa Blanco)
Jota para Nerea (Iván Costa Blanco)
Jota para Ourense (Iván Costa Blanco)
Lagarteira (Iván Costa Blanco)
O preguiceiro (Iván Costa Blanco)
Santardán (Iván Costa Blanco)
Unha muxica (Iván Costa Blanco)

.


O Palleteiro.
Hermenegildo Fernández Méndez

O palleteiro.

Jota de Corneantes (H. Fdez. Méndez)
Muiñeira de Barbude (H. Fdez. Méndez)
Muiñeira de Burón (H. Fdez. Méndez)
Muiñeira de Infesta (H. Fdez. Méndez)
Muiñeira de Piornedo (H. Fdez. Méndez)

.

.

.
speed limit ?
Edelmiro Fernández Parada

speed limit ?

Lusiña (Edelmiro Fernández Parada)
Muiñeira de Banda o Rio (Edelmiro Fernández Parada)
O Furabolos (Edelmiro Fernández Parada)
Xainda (Edelmiro Fernández Parada)

.

.



¡Dime, cabaleiro!
Raúl Galego García

¡ Dime Cabaleiro !


A Baixa de Baldaio (Raúl Galego García)
Chuvasqueira (Raúl Galego García)
Foliada (Raúl Galego García)
Millo verde (Raúl Galego García)
Miña Carmela (Raúl Galego García)
Muiño de Peizas (Raúl Galego García)
O Martelo (Raúl Galego García)
Píntase o monte de queiroas (Raúl Galego García)
Pra ningures (Raúl Galego García)
Raiola do Mencer (Raúl Galego García)




O trasno de Cecebre.
Pedro David Lamas Varela

O trasno de Cecebre

Jota do Ateneo (Pedro Lamas Varela)
Lucecú (Pedro Lamas Varela)
Miruchiño (Pedro Lamas Varela)
Muiñeira para Claudia (Pedro Lamas Varela)
Papando moscas (Pedro Lamas Varela)
Unha noite na Fraga (Pedro Lamas Varela)
Valse de Cecebre (Pedro Lamas Varela)


.

Alvaro NovegilJosé Álvaro Novegil Dopazo

Sonche do Lérez, terra da gaita ...

A reviravolta (Nazario González "Moxenas")
Abrente en Cordobelas (Roxelio de Leonardo Bouza)
Alborada de Poio (Tradicional)
Celiña (Alvaro Novegil Dopazo)
Fandango da Vella (Tradicional)
Foliada de Padrenda (Tradicional)
Gandaina (Alvaro Novegil Dopazo)
Jota da Guia (Tradicional)
Muiñeira de Morrazo (Tradicional)
Muiñeira de Poio (Tradicional)

.



Who is this guy ?
José Juan Presedo Díaz

Who is this guy?

A noite de Portonovo (José Juan Presedo Díaz)
Fieiteira (José Juan Presedo Díaz)
Foliada de Lonxe (José Juan Presedo Díaz)
Frau Lackhoff (José Juan Presedo Díaz)
Maria Manuela (José Juan Presedo Díaz)
Marmurios do Lérez (José Juan Presedo Díaz)
Muiñeira para Fátima (José Juan Presedo Díaz)
O Albariño (José Juan Presedo Díaz)
Para Celia (José Juan Presedo Díaz)
Sito Vilán (José Juan Presedo Díaz)
.


Un home namorado do seu instrumento.
Xosé Lois Romero Cajigal

Un home namorado do seu instrumento.

A Buxaina (Xosé Lois Romero Cajigal)
Alborada de Mera (Xosé Lois Romero Cajigal)
Leira de Codes (Xosé Lois Romero Cajigal)
Muiñeira do Daniel (Xosé Lois Romero Cajigal)
Muiñeira revirada (Xosé Lois Romero Cajigal)
O meu toxiño (Xosé Lois Romero Cajigal)
Olla como se peneira (Xosé Lois Romero Cajigal)
Outeiro de Belvís (Xosé Lois Romero Cajigal)
Valse do Vello Fidalgo (Xosé Lois Romero Cajigal)


A tradición en Si bemol.
Ricardo Santos Blanco

A tradición en Si bemol.


A Carrasqueira (Tradicional)
Aires de Carnaval (Tradicional)
Chegaches Lola (Carlos Xusto)
Foliada dos Morenos (Tradicional)
Jota das Bouzas (Tradicional)
Ó saír para a romaría (Tradicional)
Polka galega (Tradicional)
Remexido de Jotas de Farruco Paradela (F. Paradela)
Rianxeira: Foliada das Rías Baixas (Tradicional)
.
.
.


Zipi ... Pepe Vaamonde Manteiga

Zipi.....

Aturuxeira (Pepe Vaamonde Manteiga)
Chicago (Pepe Vaamonde Manteiga)
En Truvias (Pepe Vaamonde Manteiga)
Maio (Pepe Vaamonde Manteiga)
No Miño (Pepe Vaamonde Manteiga)
Romaria (Pepe Vaamonde Manteiga)
Saltareira (Pepe Vaamonde Manteiga)
So Alborada (Pepe Vaamonde Manteiga)
Vai de Polka (Pepe Vaamonde Manteiga)
Xoaniña (Pepe Vaamonde Manteiga)
.
... e Zape.Xesús Vaamonde Manteiga

... e Zape

Lecer (Xesús Vaamonde Manteiga)
Muiñeira (Xesús Vaamonde Manteiga)
Muiñeira de Visantoña (Xesús Vaamonde Manteiga)
Muiñeira do Mesón (Xesús Vaamonde Manteiga)
Non hai maneira (Xesús Vaamonde Manteiga)
Pasodoble (Xesús Vaamonde Manteiga)
Peizoquiña (Xesús Vaamonde Manteiga)
Sácate-me de aí (Xesús Vaamonde Manteiga)
Xota de Folgoso (Xesús Vaamonde Manteiga)
Xota de Xestoso do Lor (Xesús Vaamonde Manteiga)


Relación de colaboradores e pezas que aportaron.

Pablo Carpintero Arias
Pirusalda (Tradicional)
Polka (Tradicional)


José Manuel Gil Rodriguez
Loaira (José Manuel Gil Rodriguez)


Pablo López Torneiro
Castrapeleando (Pablo Lopez Torneiro)
Muiñeira de Agolada (Pablo Lopez Torneiro)


José Luís Miguélez Saínza
Fin de Siglo (José Luís Miguélez Saínza)
Noite (José Luís Miguélez Saínza)


Daniel Romero Cajigal
Fandango pra Airas (Daniel Romero Cajigal)
O'Carrancholas (Daniel Romero Cajigal)


Manuel Carro Liñares
Lembranzas de Teixido (Roxelio de Leonardo Bouza)


Relación de músicos participantes na gravación do CD:

1. Xainda (Edelmiro Fernández Parada) Páx. 220
Edelmiro Fernández Parada: Gaitas
Loli Fernández Parada: Percusión


2. Xota de Xestoso do Lor (Xesús Vaamonde Manteiga) Páx. 224
Xesús Vaamonde Manteiga: Gaitas, pandereta, bombo
Xosé Lois Romero Cajigal: Tamboríl
Eduardo Andrés Sixto Mellid: Aturuxos


3. O meu toxiño (Xosé Lois Romero Cajigal) Páx.173
Grupo Lelia Doura: Música
Eduardo Andrés Sixto Mellid: Voz


4. Andarivel (Iván Costa Blanco) Páx.85
Iván Costa Blanco: Gaitas, bombo
Alberto Costas: Tamboril


5. Aturuxeira (Pepe Vaamonde Manteiga) Páx.87
Pepe Vaamonde Manteiga: Gaita, pandereta
Nacho Castro Tubio: Acordeón
Xesús Vaamonde Manteiga: Bouzuki, pandereta


6. Muiñeira e Jota do vello (Francisco Villarino Ojea) Páx.159
Iván Area Carracedo: Gaita
Carlos Padrón Castaño: Bombo
Carlos Pérez Paz: Tamboril


7. Ó saír para a romaría (Tradicional) Páx.177
Ricardo Santos Blanco: Gaita
Raúl Galego García: Gaita
Luis Corral Castro: Tambor e bombo
Carmela Galego Marante: Padereta


8. Gandaina (Alvaro Novegil Dopazo) Páx.113
Alvaro Novegil Dopazo: Gaita, pandereta
Andrés Vilán: Tamboril, bombo


9. Jota do Ateneo
(Pedro Lamas Varela) Páx.117
Grupo Lelia Doura: Música
Eduardo Andrés Sixto Mellid: Aturuxos


10. Chuvasqueira (Raúl Galego García) Páx.100
Raúl Galego García: Gaita
Ricardo Santos Blanco: Gaita
Luis Corral Castro: Tambor, bombo
Carmela Galego Marante: Pandereta


11. Maria Manuela (José Juan Presedo Díaz) Páx.137
José Juan Presedo Diaz: Gaita
Juan Carlos Iglesias: Gaita
Fernando Díaz Blanco: Tambor
Andrés Vilán: Bombo


12. Muiñeira do Mesón (Xesús Vaamonde Manteiga) Páx.158
Xesús Vaamonde Manteiga: Gaita
Xosé Lois Romero Cajigal: Tamboril


13. Alalá da Ulla Alta (Tradicional)
Iván Area Carracedo: Gaita
Carlos Padrón Castaño: Bombo
Carlos Pérez Paz: Tamboril
Marta Vázquez Meiriño: Voz


14. Muiñeira de Piornedo (Hermenegildo Fdez. Méndez) Páx.153
Raúl Galego García: Gaita
Luis Corral Castro: Tambor e bombo


15. Celiña (Alvaro Novegil Dopazo) Páx.91
Alvaro Novegil Dopazo: Gaita
Andrés Vilán: Tamboril


16. Muiñeira de Banda o Rio (Edelmiro Fernández Parada) Páx.148
Edelmiro Fernández Parada: Gaita, tamboril


17. O preguiceiro (Iván Costa Blanco) Páx.176
Iván Costa Blanco: Gaita, tarrañolas
Alberto Costas: Tamboril, bombo


18. Jota de Corneantes
(Hermenegildo Fdez. Méndez) Páx.119
Raúl Galego García: Gaita
Luis Corral Castro: Tambor e bombo


19. Raiola do Mencer (Raúl Galego García) Páx.198
Raúl Galego García: Gaita
Ricardo Santos Blanco: Gaita
Luis Corral Castro: Tambor, bombo


20. Combarreira (José J. Presedo Díaz) Combarr.mid Combarr.gif
José Juan Presedo Diaz: Gaita, bombo
Juan Carlos Iglesias: Gaita
Fernando Díaz Blanco: Tambor

NOTA: As pezas números 13 e 20 non teñen partitura correspondente no libro. A partitura da número 13 pódese atopar na páxina 289 do libro "Aires da Terra" de José Luis Calle. Da número 20 inclúese un arquivo en formato .mid para que poida ser oida e imprimida dende un programa informático de edición musical. Tamén se pode imprimir e adxuntar ao libro utilizanto o arquivo Combarr.gif.



Mozos garridos
hainos na riveira,
hainos de media polaina
e hainos de polaina enteira.


Gracias a Tomás do Diario de Pontevedra e a Ricardo Bará polas súas fotos e a Alberto polo scanner.

Páxina feita en Pontevedra o dia 21 de febreiro de 1999.

Jose J. Presedo.