Aqui vos deixo uns poucos arquivos midi da nosa música. Espero que os disfrutedes.
Admítense peticións e Cambios.
Existe un arquivo midifile.zip que contén, comprimidos, tódolos que
vedes máis abaixo. Se o queredes, pedídemo por e-mail pulsando eiquí.
Cancioneiro de Casto Sampedro:
Colección Feijóo:
(do libro Aires da Terra, de J.L. Calle)
Ernesto Campos:
Muiñeira palleteira. Para gaita e bombardino. Adicada ao palleteiro Noly.
Festa en Olite. Pasacorredoiras para dúo de gaitas adicado a esta vila Navarra.
Algunhas das miñas obras:
Combarreira. Muiñeira adicada a Juan Carlos Iglesias, gaiteiro de Combarro.
Muiñeira para Fátima. Adicada á miña filla Fátima que non a quere tocar ao violino porque di que é moi dificil.
Para Celia. Adicada á miña filla Celia.
Oito pezas para un exilio voluntario. Trátase de un cuaderniño que, como o seu nome indica, contén 8 pezas, 7 muiñeiras e unha rumba. Compúxeno no ano 97 e está en formato .PDF, polo que será necesario o Acrobat Reader para velo e/ou imprimilo. O Acrobat Reader pódese baixar da páxina de Acrobat: http://www.adobe.com/products/acrobat/readstep.html.
E gratuito. Este arquivo non está contido no .zip dos midis.
Outros:
Muiñeira de Albixoi. Opera prima de Eduardo Gómez Torreiro.
Agachadiña na Freixa. Muiñeira de Nazario González (Moxenas)
La Alfonsina. Muiñeira para piano de Canuto Berea. Dedicada a S.A.R. D. Alfonso XIII
Bicos e Cochegas. Muiñeira de Cesar Concheiro.
Abrente en Cordobelas. Unha alborada de D. Roxelio de Leonardo Bouza.
Pasodoble. Idem. de Xesús Vaamonde cun arranxo non moi enxebre pero bailón de Totono.
Se tes algo que dicir: José J. Presedo