Controlador MIDI con dixitación de Gaita


Introducción:

Lonxe de ser un simple punteiro para practicar, Master Gaita ® é unha sinxela pero eficaz ferramenta que permite utilizar a dixitación da gaita para introducirse no universo MIDI e controlalo, á vez que abrir novos horizontes para o estudio da técnica e a música do instrumento. Ao conectalo a un ordenador co seu correspondente programa, poderase, non só tocar co son de cualquera instrumento utilizando a propia dixitación, senón tamén interpretar co son da gaita tradicional. Esto conséguese utilizando mostras previamente gravadas e elaboradas para conseguir un resultado acústico moi perto do real. O control do volume sonoro permite tocar a cualquera hora do día sin preocuparse das molestias que a gaita acústica podería causar.

O instrumento está rixidamente montado nun tubo de PVC con nove dispositivos táctiles moi sensibles, de modo que basta o contacto dun dedo ao descansar sobre calquera deles para que se activen. Un cable semiríxido e unha pequena caixa plástica encárganse de manter o punteiro nunha posición fixa e cómoda, como si estiviera encaixado nun fol. O cable de 2'5 metros de longo que sae da caixa leva as sinais MIDI ao ordenador ou ao módulo de son ao que se conecte.


Características:

  • Cinco dixitacións cromáticas seleccionables con un sinxelo comando (Galega, Asturiana, Escocesa, Francesa e Estendida de 2'5 octavas)
  • Compatible con outras gaitas como a de Boto, Sac de Gemecs e Xeremía.
  • Cambeo a cualquera tonalidade e octava.
  • Control independente do roncón e ronqueta, permitindo afinar esta última na tónica ou na dominante.
  • Catro programas sonoros seleccionables con dous instrumentos cada un.
  • Acompañamento automático a dúo por terceiras superiores ou inferiores.
  • Conexión directa a un PC utilizando o conector do joystick.
  • Conexión a unha cadea MIDI estándar co cable MIDI incorporado.
  • Posibilidade de conexión a MAC ou portátil mediante un conversor USB - MIDI (non incluido).
  • Auto-apagado tras dous ou dez (a escoller) minutos de inactividade.
  • Suxección exactamente igual que a gaita, non sendo necesario apoio na boca ou pernas.
  • Activación de sensores sen necesidade de humedecer os dedos.
  • Alimentación con pila de nove voltios ou fonte externa.
  • Suminístranse un completo manual así como samples para tocar con son real de gaita.

Posibilidades de uso:

  • Gravación de interpretacions ou improvisacions no disco duro en formato MIDI ou audio para posterior edición, mestura, etc.
  • Estudio e mellora de distintas dixitacións.
  • Acompañamento de gravacións de outros gaiteros en CD, MP3, WAV, etc.

Respostas ás preguntas máis frecuentes:

Pulse aquí para ver a páxina que as recolle.


Mostras de son:


Máis información:

mastergaita@arrakis.es

Para cualquera consulta envie datos sobre o seu equipo, sistema operativo e tarxeta de son.


<<Voltar>>