VIGO. O CENTRO HISTÓRICO (CASCO VELLO) |
|
Imaxe do Berbés a principio de século |
|
|
|
Á súa vez, a construcción das murallas supuxo a derriba de edificacións ó longo das súas beias, delimitou o espacio interior e exterior e as súas portas definiron o viario de conexión de Vigo coas demais vilas e cidades próximas. |
|
Vista das murallas do Castelo de S. Sebastián |
|
|
|
Imaxe de principios de século na Ribeira |
|
|
|
As portas do Vigo amurallado |
|
Así, na Porta da Ribeira, abeirando a praia de San Sebastián, consolídase o barrio do Berbés, como zona pesqueira de baixura. Os soportais da fronte edificada reflexan aínda o seu uso como zona de manipulación e pesca. |
|
Pola porta da Gamboa, saía a estrada para Redondela e Santiago de Compostela a través do barrio do Areal e abeirando a súa praia; nesta zona sitúase agora o "ensanche", a nova cidade "burguesa" que capta os usos de centralidade perdidos polo burgo medieval, pequeno e artesano. |
|
No interior do barrio histórico situábanse os usos centrais da cidade: |
|
A Casa do Concello (hoxe Casa Galega da Cultura-Fundación Penzol) |
|
Os mercados a ceo aberto (actuais prazas da Constitución, Princesa e A Pedra), ou cubertos (o da Laxe, xa desaparecido e que se situaba a carón do Hotel Bahía) |
|
O Teatro, fronte da actual Casa Galega da Cultura) |
|
A Colexiata ou con-catedral, antiga igrexa románica destruida por unha explosión do polvorín do Castro e reconstruída, consevándose hoxe o seu uso) |
|
O exército nas súas instalacións do Castelo do Castro e de San Sebastián (a Casa do Concello actual) |
|
Imaxe do Vigo amurallado e o seu porto visto na súa cara norte |
|
|
|
Pola porta do Pracer saía o camiño cara a Baiona e Tui pola beira do monte do Castro. |
|
A porta do Sol, da que saía a estrada a Ourense (a actual rúa do Príncipe), conserva o seu nome (mantido sempre no uso popular e recuperado oficialmente pola democracia) e serve como elemento de engarce entre a cidade histórica e a nova. A apertura en 1896 da rúa de Elduayen (entre a Porta do Sol e o Paseo de Alfonso XII) supuxo a derriba de varios cuarteiróns edificados, a reedificación nos seus bordos de edificios "burgueses" -máis semellantes ós do ensanche cós do barrio histórico-, e a división en dúas partes do antigo barrio intramuros. |
|
Sobre a base destes camiños ou vías de conexión, nas súas beiras foron medrando os barrios extramuros e artellándose en boa medida a expansión inicial da cidade. |
|
Así, o barrio do Areal ten un notable incremento vencellado á inmigración dos cataláns e á implantación e desenvolvimento de novas técnicas de pesca e conservación do pescado (xábega e conserva), fundamentalmente da sardiña a partir da segunda metade do século XVIII. Neste século comeza o desenvolvimento comercial e industrial da cidade que non se deterá xa. |
|
El crecemento do porto e os sucesivos recheos sobre o mar, encerrarán á cidade histórica convertíndoa nunha "illa" terra adentro. |
|
Na derradeira parte do século XIX vanse producir unha serie de actuacións que rematan de modificar radicalmente o contorno da vila histórica: |
|
Constrúese o peirao de pedra na Laxe (1853) |
|
Comezan a traballar no ensanche (a "nova poboación") |
|
Derríbanse as murallas (1869) |
|
Chega por fin o ferrocarril (1878) |
|
Constitúese a Xunta de Obras do Porto de Vigo (1881) |
|
Ábrese a rúa de Elduayen (1896) |
|
Apróbanse as primeiras Ordenanzas (urbanísticas) municipais (1897) e defínese o "casco" (urbano) da poboación. |
|
UN PASEO POLA CIDADE HISTÓRICA |
|
Praza da Constitución hoxe (foto M.G. Vicente) |
|
|
|
Unha boa maneira de coñecer o Vigo antigo, o "Casco Vello", é facer un percorrido polo perímetro das antigas murallas, partindo da Laxe (onde se conserva un recordo desa fortificación) ou da Porta do Sol e perdéndose por onde a un máis lle guste. |
|
Praza do Peñasco hoxe. Rehabilitada (Urban) |
|
|
|
Torre de Ceta e Casa de Pazos Figueroa. s. XV-XVI. En restauración (Urban) |
|
|
|
Se dispón de pouco tempo para este deambular, non se perda a visita ós restos do antigo Castelo de San Sebastián (s. XVII), desde o que se aprecia unha boa panorámica da Ría, as prazas da Constitución, Princesa, A Pedra y a rúa Real. Tamén a neoclásica Concatedral, a Casa de Ceta e Pazos de Figueroa (tamén coñecida como Arines) edificio conservado máis antigo desta zona, datado no século XVI e sé futura da Fundación portuguesa Camôes, e os soportais do barrio de pescadores por antonomasia: O Berbés. |
+ VIGO
Introducción Arqueoloxía Casco Viejo Casco Vello Arquitectura Etnografía Emigración Miscelánea Natureza Inicio Enlaces Correo