|
Vigo. Patrimonio Cultural e Natural. Dolmen "Casa dos Mouros". Candeán |
||
|
O monumento ten 5 laxes que lle confiren unha planta poligonal, coa entrada cara ó nacente. A laxe da cuberta aparece caida e apoiada nun lateral. As dimensións da cámara funeraria é de 3 x 2 mts., cunha altura aproximada de 2. Dende lonxe pódese apreciar parte do túmulo. |
|
|
|
No IV e III milenio a.X.C., xorden unha serie de cambios económicos moi importantes, sobre todo coa aparición da agricultura e da gandeiría, coñecidos como a "revolución neolítica. Deste momento cultural case non se coñecen poboados, pero si son abundantes os lugares de enterramentos: as necrópoles. Estas están formadas por un conxunto de construccións funerarias que en Galicia reciben o nome de mámoas, medoñas, medorras, antas, tombos... debido sobre todo ás súas formas sobresaíntes na paisaxe. As mámoas están constituidas por un túmulo de terra que cobre unha cámara funeraria; está formada por laxas ou ortostatos. Normalmente a cámara é de forma poligonal e presenta, ás veces, un corredor de entrada de cara ó nacente. As mámoas, a maioría das veces, aparecen agrupadas en necrópoles, formadas por un conxunto de varios exemplares. Temos un bo exemplo destes agrupamentos en Monte Penide (Redondela). As que aparecen nos montes da Madroa e do Vixiador en Vigo, forman parte probablemente das súas estribacións. Exemplos importantes destes monumentos podemos atopalos en Vigo nas parroquias de Valadares e Bembrive. Outra foto: dolmen de Chan das Formigas. |
||