En torno á vivenda do rural agrúpanse unha serie de construccións, illadas ou adosadas, que virán complementa-la actividade agrícola desta. A procura dunha autosuficiencia productiva baseada no policultivo fará xurdir diversas construccións ó redor da casa, tanto de uso privado como de uso común. Entre estas construccións adxectivas diferenciaremos entre:
Dependencias para almacenamento: palleiros, adegas, alpendres ou alboios, hórreos...
Dependencias para transformación: fornos, lagares, muíños...
Dependencias para a producción artesanal: teares, fraguas, serrerías...
Os materiais utilizados para estas construccións son habitualmente a pedra e a madeira ámbalas dúas abundantes no entorno inmediato.
En Vigo existen representacións de tódolos tipos citados de arquitecturas adxectivas, predominando un ou outro material constructivo en función das dispoñibilidades de cada parroquia. Así, nas zonas onde o granito non é tan frecuente como as parroquias de Cabral, Teis, Lavadores ou Candeán terá máis presencia a madeira e unha técnica distinta no uso das laxes de pedra.
|
O HÓRREO EN VIGO |
|
A procedencia da palabra atribúese ó termo latino granarium horreum ou erectus, que ó igual que o que hoxe coñecemos erguíase sobre columnas illándose do chan. A súa función específica é o almacenamento e secado do millo antes de desgranalo e mallalo, máis no ámbito rural das parroquias que conforman a área periurbana de Vigo, esta función foi transformándose polo proceso industrializador, en moitos casos, e polo abandono dos cultivos tradicionais, enchendo estas dependencias de patacas, froitos da horta, etc. As tipoloxías presentes en Vigo son basicamente tres: os de madeira, os de pedra e os mixtos. |
|
|
|
|
|
Aparece normalmente apoiado sobre seis pés dereitos, troncocónicos e coroados por seis moas coa cara superior convexa, que sustentan unha cámara de madeira construída por unha armazón normalmente de castiñeiro, artellada sobre catro trabes que forman a grade enriba das que se montan, nas esquinas, catro columnas que reforzan o conxunto e formando na parte superior outra armazón semellante ás trabes, denominadas soleiras ou contravigas, que servirán de base á cuberta. O tellado a dúas augas. Esta tipoloxía é a máis vulnerable ó paso do tempo con porcentaxes inferiores ó 5% na meirande parte das parroquias, acadando só certa relevancia nas do norte da cidade: en Sárdoma (22,2%), Candeán (28,2%) e Cabral (32,3%), mentres que representarán máis da metade dos recollidos en Teis (51,4%) e Lavadores (55,5%) |
|
|
Hórreo de madeira. Lavadores. Vigo |
Hórreo mixto. Coruxo. Vigo |
|
O hórreo mixto |
|
|
Xorde polo incremento do cultivo do millo durante o século XVII. Presenta moitas variantes constructivas; nas parroquias rurais de Vigo é a variedade maioritaria, favorecida pola riqueza granítica e forestal dos nosos montes. Algo máis do 70% dos hórreos inventariados en Vigo son de tipoloxía mixta (1.274 exemplares), e son maioría en tódalas parroquias agás en Teis e Lavadores. A diferencia dos anteriores os tellados adoitan estar adornados con elementos decorativos, o arcipreste, a cruz, o reloxo de sol, unha representación escultórica... En Vigo contamos con excelentes e antigos exemplares desta tipoloxía. |
|
|
Os hórreos de pedra |
|
Este tipo de canastros acadan a miúdo un valor constructivo e arquitectónico que os converte en apreciadas obras de cantería. A súa aparición dátase a partir do século XVIII, adquirindo unha gran perfección formal nas zonas graníticas da Galicia atlántica. Nas parroquias de Vigo adoitan aparecer enriba de 6, 8 ou 10 pés prismáticos coas súas variantes de tornarratos. Inventariáronse 343 hórreos deste tipo en Vigo (20% do total), moi repartidos por todo o territorio aínda que acadando certa relevancia en parroquias como Comesaña (43), Coruxo (54) e Oia (58). |
|
Hórreo de pedra en Alcabre; o máis longo de Vigo |
Hórreo de pedra en Coruxo |
VIGO
Introducción Arqueoloxía Casco Viejo Casco Vello Arquitectura Etnografía Emigración Miscelánea Natureza Inicio Enlaces Correo