Vigo. Arqueoloxía. Factoría romana de salazón. O Fiunchal. Alcabre

Vistas da escavación arqueolóxica de urxencia executada no ano 1995, con motivo da instalación do colector de marxe de ría ó seu paso pola punta do Fiunchal, na parroquia viguesa de Alcabre. Púxose ó descuberto unha interesante factoría de salazón de época romana (ca. s. III-IV d.C.) e restos dunha probable vila romana. O xacemento foi escavado nesta área, protexido e tapado novamente. Atópase moi preto do xacemento da vila romana da praia do Cocho.

Ver texto sobre romanización en ficha Vila galaico-romana de Toralla

ADVERTENCIA IMPORTANTE

Volver á portada

Ir a Vigo arqueolóxico