PROTECCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL

 

Ámbito do patrimonio cultural

A Lei 8/1995, de 30 de outubro do patrimonio cultural de Galicia dispón que "o patrimonio cultural de Galicia está constituído por tódolos bens materiais e inmateriais que, polo seu recoñecido valor propio, deban ser considerados como de interese relevante para a permanencia e a identidade da cultura galega a través do tempo. (…) Integran o patrimonio cultural de Galicia os bens mobles, inmobles e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico. Tamén forman parte deste o patrimonio documental e bibliográfico, os conxuntos urbanos, os lugares etnográficos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os sitios naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico"

 Esta mesma lei, no seu artigo 3 contén indica que "as persoas que observasen perigo de destrucción ou deterioración dun ben integrante do patrimonio cultural de Galicia deberán, no menor tempo posible, poñelo en coñecemento da Administración competente, que comprobará o obxecto da denuncia e actuará conforme o disposto nesta lei" e que "Calquera persoa física ou xurídica está lexitimada para actuar en defensa do patrimonio cultural de Galicia ante as administracións públicas da Comunidade Autónoma e os tribunais de xustiza, en cumprimento do previsto nesta lei."

A disposición adicional segunda desta lei abre un ámbito amplo para saber que bens están expresamente protexidos ó incluir "no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia todos aqueles bens recollidos nos catálogos das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, aprobadas pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 3 de abril de 1991, así como os contidos nos catálogos de calquera outra figura de planeamento."

Neste mesmo sentido exprésase a Lei 16/1985 do patrimonio histórico español.

Contido da protección do patrimonio. Normas de protección

 Ademais das Leis básicas citadas, o patrimonio histórico español, galego e portugués conta cun amplo repertorio legal destinado á súa protección, conservación, difusión e investigación.

En primeiro lugar, cómpre destacar que a protección de elementos concretos do noso patrimonio cultural vén dada pola súa identificación en catálogos e inventarios, pero tamén existe unha protección xenérica a outros elementos que puidendo non estar catalogados, deben considerarse co mesmo réxime de protección. É o caso dos cruceiros, cruces de termo, escudos e pedras blasonadas, castelos es torres, hórreos con máis de 100 anos ou elementos como os gravados rupestres que teñen a consideración legal xenérica de Ben e Interese Cultural, máxima figura legal na protección do patrimonio.

Para o Concello de Vigo, os elementos catalogados expresamente (e como tales incluidos de dereito no Inventario de Bens Culturais de Galicia) atópanse en distintas figuras urbanísticas, salientablemente en:

Todas estas figuras inclúen nas súas ordenanzas disposicións de protección.

A protección do patrimonio histórico e o Código Penal

Cómpre salientar que o novo código penal de 1995 tipifica con claridade os delitos contra o Patrimonio Histórico e o medio ambiente, polo que a vía penal ábrese ós cidadáns e colectivos como un instrumento de defensa poderoso para a salvagarda dos bens constitutivos destes bens patrimonio de toda a sociedade. Tipifícanse así mesmo os delitos que poden cometer os funcionarios públicos por acción ou omisión nesta materia.

Que facer

(texto en elaboración)

Enderezos de interese

(texto en elaboración)

 Ir á páxina principal de Vigo. Patrimonio cultural e natural