|
|
|
|
Contacto: rojea@telefonica.net OPINIÓN: An international Museum in the Vigo estuary, to recover the treasure of the Rande galleons may 2001 Un Musée international sur la Ria de Vigo, pour sauver le trésor des galions de Rande, mai 2001 |
A poderosa "Escuadra da Prata"
refuxiada na ría de Vigo é derrotada polos navíos
ingleses e holandeses que perseguían o seu rico
cargamento. Unha batalla naval, no contexto da Guerra de
Sucesión española, que proxectou o nome da ría de Vigo
por todo o mundo, por máis que para España significase
unha terrible derrota. 2.000 homes da escuadra
hispano-francesa e 800 da anglo-holandesa deixaron as
súas vidas na enseada de san Simón. A flota máis
rica que ninguén lembra sobre as ondas deixou tamén
sobre o mar de Vigo os seus codiciados restos para a
lembranza e a aventura de buscadores de tesouros que
dende aquel día e ata hai ben pouco tentaron dun xeito
ou outro rescatar. Baixo as augas da ría agáchase, non
embargantes, un tesouro cun valor superior ó dos
lingotes de ouro e prata: historia e identidade.
EXPOSICIÓN RANDE 1702, ARDE O MAR, ABRE 0 26 XULLO 2002 NO MUSEO DO MAR DE GALICIA. ALCABRE. VIGO |
©Elaboración: Rafael Ojea Pérez para a ©Sociedade Galega de Historia Marítima Creada en outubro de 2000/ Actualizada: 10/05/2003 |
|
|
|