¿Que é o patrimonio arqueolóxico?. Réxime de protección.
A Lei do Patrimonio Histórico Español e a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia definen o patrimonio arqueolóxico como o conxunto dos bens inmobles (xacementos, monumentos) ou mobles (obxectos como cerámicas, pedras talladas, metais, etc.) de carácter histórico susceptibles de seren estudiados con metodoloxía arqueolóxica, tanto se foron extraídos, como se se encontran en superficie do terreo, no subsolo ou no mar.
¿Que se considera expolio do Patrimonio arqueolóxico?
¿Que é o que está prohibido facer nun xacemento arqueolóxico?
Realizar prospeccións ou escavacións arqueolóxicas sen a correspondente autorización do organismo competente (Xunta de Galicia). A escavación ata dun sinxelo buraco na percura de obxectos arqueolóxicos, sen posuir permiso, é considerada unha actividade clandestina, sancionable con multas de ata 25 millóns de pesetas, en vía administrativa, e con multa ou pena de prisión menor, en vía penal.
Pintar, realizar baleirados ou calcos, ou tratamentos de consolidación e restauración sen a autorización correspondente.
Colocar publicidade comercial, cables, antenas ou conduccións aparentes en xacementos declarados.
Continuar unha obra onde se producise un achado casual dun resto arqueolóxico, ou non acatar a paralización dunha obra nun xacemento arqueolóxico.
Non comunicar á administración competente a aparición casual dun resto arqueolóxico, dentro dun prazo de 30 días.
Comercio ou exportación ilegal de restos arqueolóxicos.
Calquera outra acción que poña en risco de destrucción algún dos valores dos bens que integran o Patrimonio arqueolóxico ou perturbe o cumprimento da súa función social.
Lexislación básica
Lei 16/1985 do patrimonio histórico español
Lei 8/1995 do Patrimonio cultural de Galicia
R.D. 111/1986 de 10 de xaneiro de desenvolvemento parcial da lei 16/85
Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia. (D.O.G. 6 agosto 1997)
Código Penal
|
Extraído do libro de Mar Domínguez Pérez e José Manuel Rodríguez Sobral. Vigo. Rutas Arqueolóxicas. Departamento de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo. Vigo, 1993. Colección Datos, 4 Serie Rutas (esgotado) |
Volver a Vigo. Patrimonio arqueolóxico.