|
|
|||||||||||||||
|
I....N....F....O....R....M....A....C....I....Ó....N....S........Ú....T....I....L....E....S |
|||||||||||||||
| 1) ENDEREZO DO PAZO MUSEO OTERO
PEDRAYO Cima de Vila (Trasalba) Amoeiro 32172 Ourense tlfno. e fax: 988-281139 e-mail: trasalba@arrakis.es web: www.oteropedrayo.com | www.fundacionoteropedrayo.com 2) RÉXIME DE VISITAS As visitas son sempre gratuítas. Agradécense donativos para o mantemento da casa. Para as visitas colectivas é preciso pórse en contacto coa guía (Srta. Susana González) mediante chamada ó Pazo-Museo. 3) HORARIO VERÁN (MAIO A SETEMBRO) MAÑÁ 11 a 2 TARDE 5 a 8 INVERNO (OUTUBRO A ABRIL) MAÑÁ 11 a 2 TARDE 4 a 6 Pechado os luns. 4) ACCESO A casa museo de Otero Pedrayo encóntrase situada no lugar de Cima de Vila, parroquia de Trasalba, onde o Concello de Amoeiro deixa de ser xeográficamente Chaos para convertirse en bocarribeira sobre os ríos Barbantiño e Miño. O acceso desde a estrada Vigo-Ourense, pódese facer ascendendo catro quilómetros desde as ribeiras do Miño; o desvío está ó lado da gasolineira de Santa Cruz de Arrabaldo, ben indicado. O acceso desde a estrada Santiago-Ourense, pódese facer desviándose en cruzamentos ben sinalizados en Tamallancos (por Amoeiro) ou Cambeo (por Bóveda), atravesando sempre a comarca dos Chaos de Amoeiro. O acceso máis rápido desde Ourense, é por San Cruz de Arrabaldo, se ben, a desviación á altura de Quintela de Canedo, permite a subida -só para automóbiles, motos e peóns- pola Costa de Canedo ata o Castro para dirixirse desde alí a Trasalba, atravesando a parte sur dos Chaos. 5) ARREDORES Oseira (mosteiro cisterciense, Museo Etnográfico). Castelo de Vilamarín (fortaleza medieval) Escavacións do castro de San Cibrán de Las (concello de San Amaro) Carballiño (Igrexa da Veracruz, Parque, vila balnearia) A vila de Ribadavia (cidade medieval, Castelo dos Sarmiento, barrio xudeu) Ourense (Burgas, Catedral, Ponte, Claustro de San Francisco, casco vello). Fervenza do Barbantiño. 6) Ó lado do Pazo Museo existe unha área de descanso e recreo con fontes e bancos de pedra que se pode usar para facer unha comida campeste. |
|||||||||||||||
|
|
|
|
|
|
|||||||||||