|
|
||||||||||||||||||||
| A ...C...A...S...A ...M...U...S...E...O | ||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||
| A Casa Museo de Otero Pedrayo
encóntrase situada nunha das súas dúas residencias habituais,
no lugar de Cima de Vila, parroquia de Trasalba, no Concello de Amoeiro no noroeste
da provincia de Ourense. A outra, na Rúa da Paz número 2-2º piso,
curiosamente, na mesma casa na que nacera -no primeiro- o seu amigo, compañeiro
de xeración e andainas que foi Vicente Risco. Será as terras vizosas de Trasalba e os contactos humanos alí desenvolvidos os que fagan descubrir a Don Ramón as esencias profundas da cultura tradicional e as que o poñan en contacto coa lingua, paisaxe e sensibilidade galega. A casa de Trasalba e os seus contornos paisaxísticos axúdannos decisivamente a mellor entender o pensamento oteriano e constitúese como un dos referentes simbólicos do noso pasado recente. |
||||||||||||||||||||
| :::Servicios | ||||||||||||||||||||
| :::Centro de Galeguidade | ||||||||||||||||||||
| :::Conservación e Restauración | ||||||||||||||||||||
| :::Informacións Utiles | ||||||||||||||||||||
| :::Libro de Visitas | ||||||||||||||||||||
|
|
|
|
|
|||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||